Saltar ao contido

José Mejuto Bernárdez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaJosé Mejuto Bernárdez
Biografía
Nacemento19 de marzo de 1906 Editar o valor en Wikidata
Coiro, España Editar o valor en Wikidata
Morte27 de xullo de 1937 Editar o valor en Wikidata (31 anos)
Pontevedra, España Editar o valor en Wikidata
Causa da mortepena de morte, ferida por arma de fogo Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónsindicalista Editar o valor en Wikidata

Nomes e Voces: 159

José Mejuto Bernárdez, nado en Coiro (Cangas) o 19 de marzo de 1906 e finado en Pontevedra o 27 de xullo de 1937, foi un mecánico e sindicalista galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Sobriño de Ángel Bernárdez Rodríguez. Formouse na Escola Industrial de Vigo e traballou en talleres de Bouzas e Vigo dende 1928. Mecánico naval con inquietudes culturais e políticas: afiliado á UGT de Vigo, foi representante da Zona 8ª da Federación Sidero-Metalúrxica no Comité Nacional en 1932. Segundo testemuño oral de J. Nores Rodríguez, José Mejuto e Emilio Nores Rodríguez formaron a primeira célula comunista en Cangas.[1] En 1930 estableceu taller propio en Cangas.

Despois do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 seguiu residindo en Cangas, ameazado polos falanxistas entre os que se atopan algúns dos seus parentes políticos. Viaxaba de cando en vez a Vigo para intentar vender unha propiedade. Por ese motivo, quedou o 20 de setembro en Teis, onde vivían as súas medias irmás e alí foi detido no curso dunha redada, aínda que o seu nome non estaba na lista que levaban a Garda Civil e os membros das JAP. Os informes enviados pola garda Civil de Cangas determinan o seu encarceramento. Preso no Frontón de Vigo e na illa de San Simón, foi xulgado en Pontevedra por rebelión militar e sentenciado a pena de morte. Foi executado en Pontevedra o 27 de xullo de 1937 con Antonio Fernández Fernández, José Gallego Nogueira e José Meis Martínez o 27 de xullo de 1937.[2][3]

Durante o tempo que estivo preso na illa de San Simón escribiulle cartas á familia que deixaba na casa: a súa muller Alejandra Nogueira Lagoa, á irmá Carmen, á nai Josefa e aos catro fillos menores de sete anos, Isabel, Josefina, Fernando e Manuel. Conserváronse 35 cartas, cuxas copias foron doadas polos descendentes que residen en Buenos Aires desde principios dos 50 en 2013 á Real Academia Galega.[4][5] Publicadas en libro,[6] os orixinais foron entregados á institución o 3 de marzo de 2017.[7][8]

Vida persoal

[editar | editar a fonte]

Casou en 1930 con Alejandra Nogueiras Lagoa.

  1. Santos e Nores 2005, p. 701
  2. "Cumplimiento de Sentencia". El Diario de Pontevedra. 27/07/1939. p. 2. Consultado o 19/06/2023. 
  3. "Noticias". El Compostelano. 28/07/1937. Consultado o 19/06/2023. 
  4. David García (24 de decembro de 2013). "La familia de un represaliado dona a la RAG las cartas de su cautiverio". La Opinión de A Coruña (en castelán). 
  5. "Presentan mañana en Cangas las cartas del vecino José Mejuto, fusilado en la dictadura". Faro de Vigo (en castelán). 3 de xaneiro de 2014. 
  6. "José Mejuto Bernárdez, Cartas de un condenado a muerte". Alvarellos Editora. 
  7. "A Real Academia Galega custodiará os orixinais das cartas de José Mejuto Bernárdez". Real Academia Galega. 3 de marzo de 2017. 
  8. Belén López (7 de marzo de 2017). "Ahora te pido que no me llores más". Diario de Pontevedra. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]